memoria Emocional OZA
Construindo a memoria de OZA
Proxecto para recuperar a Memoria dos Castros e a Gaiteira a través da conversa e do patrimonio esquecido.
Coñece a nosa Asociación
O barrio precisa conversar, conversa e memoria. Esa é a conclusión á que chegamos desde o noso colectivo trala realización dun proxecto sobre o patrimonio desaparecido da antiga parroquia de Oza do Concello da Coruña a través dun convenio nominativo. Nese proxecto participaran veciños de entre 9 e 70 anos cos que identificamos sobre un mapa o patrimonio desaparecido do barrio tomando como partida fotografías antigas.
O resultado dese obradoiro está recollido nunha paxina web onde creamos un percorrido polos puntos máis icónicos e que permiten entender como se foi construíndo o actual barrio, ademais de motivar unha conversa intensa e apaixonada entre a veciñanza. Así o comprobamos no propio obradoiro, cando percorremos camiñando puntos desaparecidos, as pausas eran continúas, para contrastar recordos, preguntar a veciñas e veciños do lugar ou compartir vivencias. Por iso queremos continuar e ampliar esa conversa entre a veciñanza, rexistrando máis datos, atopando máis imaxes e implicando a sectores sociais ata o momento alleos a ese relato colectivo, como por exemplo a comunidade
educativa.
Próximos eventos
O que din os nosos veciños
«La organización de los eventos es siempre impecable. Me encanta cómo fomentan la participación de todos los vecinos.» – Carlos M.
Únete á nosa comunidade!
Participa nos eventos que estamos a organizar e forma parte dunha comunidade vibrante e activa. Descobre como podes contribuír e gozar de momentos inesquecibles cos teus veciños!