Explora a Memoria Emocional
Descubre o que facemos por ti
Somérxete nunha viaxe única que conecta emocións e lembranzas, transformando experiencias en aprendizaxes duradeiras.
Accións a desenvolver
Estes roteiros guiados por persoas do barrio, aínda sen determinar, teñen como obxectivo, entre outros, xerar un vínculo co territorio e a historia, especialmente entre a cativada e a rapazada do barrio.
Para acadar os obxectivos expostos, o proxecto componse de varias accións que se van
desenvolver de forma case simultánea:
- CREACIÓN DUN MAPA EMOCIONAL
Este Mapa Emocional é un espazo de intercambio comunitario de sentimentos e saberes sobre o pasado, presente e futuro construído a través da participación colectiva e interxeracional.
- CREACIÓN DUN ARQUIVO
Irnos realizar unha recompilación de información relativa ao barrio tanto publicada como inédita. Fotografías, mapas, datos, persoeiros, acontecementos, cronoloxías, colectivos do barrio, etcétera … Un traballo para o que contactaremos con colectivos, xornalistas, historiadores e veciños con moito que compartir. Outro material importante co que queremos traballar para elaborar esta compilación é o arquivo persoal de José Temprano, de Bardos Cultural, que xa ternos localizado e queremos incorporar aos fondos da asociación.
Este traballo de documentación incluirá tamén entrevistas con veciños como Mario Novoa, con moita información sobre a historia recente do barrio. Con todo ese material crearemos un arquivo que poida ser consultado, creando un sistema de documentación que permita seguir recompilando datos e fotos tanto de forma directa como a través da web, mesmo para que a veciñanza incorpore material que considere importante. - ROTEIROS GUIADOS
Faremos unhas versións guiadas do roteiro da nosa Memoria Emocional para que sexa a veciñanza que participou na súa creación quen acompañen aos e ás visitantes nesa descuberta do patrimonio desaparecido. Estes roteiros guiados por persoas do barrio, aínda sen determinar, teñen como obxectivo, entre outros, xerar un vínculo co territorio e a historia, especialmente entre a cativada e a rapazada do barrio.Para iso, haberá unha recreación dramatizada e outras actividades pensadas para cada parada, co obxectivo de que sexa educativo e, deste xeito, convidar aos centros de primaria a que o fagan connosco. Crearase un comité para poñer en valor ese roteiro e facer un posible calendario de visitas, consultando e debatendo os detalles co profesorado e especialistas en patrimonio que xa están implicados no proxecto.
- FESTAS DA MEMORIA
Outro piar deste proxecto é a celebración de tres eventos para presentar e ampliar a Memoria Emocional invitando á veciñanza a coñecer os seus detalles e colaborar nel coas súas fotografías ou testemuños. Programaremos eses eventos como festas da memoria que se celebrarán en tres lugares do barrio: a Rúa Gaiteira, o Miradoiro dos Castros e a Praza de Pablo Iglesias.
Estes eventos consistirán na instalación dun punto de información e recollida de documentos e testemuños, onde ademais teremos programados coloquios e actuacións musicais e teatrais. Terá unha zona de memoria para o escaneo de fotos e gravación de testemuños, que colocaremos no momento sobre un mapa interactivo. Tamén unha zona expositiva con paneis e a proxección de fotos antigas. Serían tres eventos celebrados en tres sábados sucesivos. Cada un deles podería adicarse a un ámbito da memoria con fotógrafos, historiadores e xornalistas que puidesen conversar cos veciños sobre ese pasado recente.
Destinatarios do Proxecto
Memoria Emocional é un proxecto destinado a un perfil moi amplo de poboación, dende a rapazada en idade escolar ata as persoas maiores do barrio. Pretende ser unha celebración da identidade do barrio dunha forma integradora, buscando a implicacion de colectivos que seguen activos, como os clubes deportivos do barrio, as ANPA ou as sociedades recreativas. Tamén coa intención de atraer a xente a todas as actividades propostas neste proxecto e da asociación.
Temporalización
Este proxecto desenvolverase ao longo do ano 2024. A sucesión de accións sería a seguinte:
- Recompilación e identificación de arquivo documental, bibliografía e fontes orais
- Posta en marcha dun sistema de rexistro e consulta do arquivo
- Guionización dos roteiros guiados e creación dun equipo para a súa posta en marcha
- Presentación dos roteiros guiados aos centros educativos do barrio
- Celebración dos roteiros guiados
- Guionización, programación e produción das festas da memoria
- Deseño e impresión de materiais para as festas da memoria
- Organización e difusión das festas da memoria
- Celebración das festas da memoria concidindo coas distintas celebracións das festas do barrio
- Elaboración do Mapa Emocional do noso barrio
- Elaboración dun obradoiro comunitario de alfabetización dixital para comprender a utilidade e uso do mapa
- Exposición itinerante, en formato de paneis despregábeis, para mostrar todo o patrimonio do barrio, do pasado ao presente.
Localizacións do proxecto
A sede base para o desenvolvemento e preparación das accións e actividades deste
proxecto será a sede da Asociación de Veciños que está na Avda. do Exercito 52, 1º, na
Coruña. Tamén solicitaremos o uso de instalacións dos Centros Cívicos de San Diego,
Forum Metropolitano e o Castrillón no caso de que as festas da memoria non poidan
facerse na rúa polo clima, ou mesmo se xurdise a necesidade porque algunha actividad así
o requerise. No caso dun tempo climatolóxico favorábel para actividades ao ar libre, os
espazos públicos que nos gustaría empregar son a Praza de Pablo Iglesias, o Miradoiro
dos Castros e a Rúa Gaiteira.
Involúcrate coa Memoria Emocional OZA
Convidámoste a ser parte desta emocionante viaxe con Memoria Emocional OZA. Descobre como podes contribuír ao éxito do proxecto e enriquecer a experiencia comunitaria. Xa sexa participando en eventos, colaborando como voluntario ou simplemente compartindo a iniciativa, o teu apoio é inapreciable. Preme a continuación para obter máis información e unirte á nosa misión.