Fundamentación
Descubre cómo a asociación OZA promove o entendimiento e a preservación da memoria
emocional a través de diversas iniciativas e proxectos comunitarios.
Proxectos Comunitarios
Iniciativas deseñadas para conectar ás persoas cos seus recordos e emocións.
Investigación Innovadora
Estudos que exploran a relación entre a memoria e as emocións.
Talleres Educativos
Sesións interactivas pra aprender sobre a importancia da memoria emocional.
A nosa misión
Algo tan importante como que o barrio de Oza-Gaiteira-Os Castros recolle no seu espazo boa parte das cicatrices da fonda transformación da cidade da Coruña no último século dende a anexión do Concello de Oza e incluíndo a ampliación do porto, o desenvolvemento urbanístico e as novas infraestruturas arredor das cales se organizou a vida do barrio é premisa abondo para desenvolver esta iniciativa, polo barrio e pola mesma cidade. Aínda hoxe hai veciñas e veciños que nos poden falar en primeira persoa do castelo de San Diego, dos ‘corralóns’, da barca das Xubias, da escala de Dona Angelita, da Estación do Norte, dos adoquíns da Nacional VI, da Praia do Lazareto… e emocionándose ao facelo. Por iso cremos que é importante rexistrar a súa memoria, arquivala, compartila e difundila para que as leccións do pasado sigan inspirando as decisións do noso presente.
Obxectivos xerais e específicos
O obxectivos deste proxecto son identificar, documentar e difundir as pegadas do pasado recente do barrio nun proceso aberto e compartido cos veciños. A nosa intención é crear un relato colectivo das diferentes etapas e acontecementos polos que pasou o barrio creando un mosaico de imaxes, datos e vivencias que vaian dende o máis historicista ata o máis anecdótico.
Outro dos obxectivo é xerar unha conversa espontánea e interxeracional con actividades que impliquen os centros educativos e facendo eventos na rúa.