RECURSOS

Proxecto para recuperar a Memoria dos Castros e a Gaiteira a través da conversa e do patrimonio esquecido.

A nosa xente, o noso maior recurso

En canto aos recursos humanos que empregamos para este proxecto, a ‘base de datos’ , o ‘ arquivo vivo’ que queremos recompilar e conservar, será o grupo humano implicado na recuperación da memoria do barrio e que xa participou na creación dos obradoiros de memoria emocional. A acción deste grupo estará coordinada por un membro da directiva, a coordinadora do proxecto e unha licenciada en Historia , quen ademais se ocupará de organizar o sistema de arquivamento, en conxunto, elaborando tamén os contidos do roteiro e a súa guionización e dramatización e da mostra itinerante que se leve aos eventos . Como colaboradores contaremos coa axuda de xornalistas e historiadores locais cos que xa contactamos.

Para este proxecto empregaremos os recursos materiais dos que xa dispón a asociación, como ordenadores, conexión a Internet, hosting online, servizo de mantemento informático, e a propia sede do colectivo. As adquisicións materiais previstas son fundamentalmente material de impresión, cartelería, soportes para paneis divulgativos e unha aplicación informática de mercado ou feita á medida que permita xestionar o arquivo de forma eficiente. Para os roteiros dramatizados , ademais de contar con actrices e actores , tamén se precisarían diferentes materiais para a súa recreación e dramatización. Para os eventos precisaremos equipamento, que será alugado segundo o orzamento dispoñíbel: proxector, ordenador, escáner , impresora, equipo de son e carpa para exteriores.

O que din os nosos veciños

«Gracias a la asociación, he conocido a personas maravillosas y he disfrutado de eventos inolvidables. ¡Es un placer ser parte de esta comunidad!» – Ana G.
«La organización de los eventos es siempre impecable. Me encanta cómo fomentan la participación de todos los vecinos.» – Carlos M.
«Desde que me uní a la asociación, siento que mi voz es escuchada y valorada. ¡Recomiendo a todos unirse!» – Laura P.

Únete á nosa comunidade!

Participa nos eventos que estamos a organizar e forma parte dunha comunidade vibrante e activa. Descobre como podes contribuír e gozar de momentos inesquecibles cos teus veciños!